O noso entorno

Photos by javier loureiro. Venda de fotos e postais na Librería Miguens (Malpica)
www.javierloureirophotography.com

 

Situada no extremo noroccidental da Peninsula Ibérica, a Costa da Morte é un lugar cun atractivo especial que xamais deixa indiferente ó viaxeiro, xa sexa polas súas praias ou polo impoñente océano que bate contra os seus escarpados acantilados, pasando polas pequenas vilas mariñeiras que resultan ó visitante tan acolledoras, e que son sorprendidas por este nas súas tarefas diarias, que xiran a redor da pesca e viven e cambian xunto co mar.
Comezando na vila de Malpica desde as Illas Sisargas, que miran silandeiras ó Océano Atlantico, e seguindo rumbo sur ata Fisterra, a Costa da Morte percorre numerosas vilas, entre elas Malpica, Ponteceso, Corme, Cabana, Laxe, Camelle,
Camariñas, Muxía e Fisterra.